21.8 C
Pontevedra
Martes, 15 de Outubro de 2024
Máis

    Tag: ies mendiño

    A Federación de ANPAS de Redondela lamenta que o PP non acudira á concentración contra os recortes no IES Mendiño

    A Federación de ANPAS de Redondela vén de facer público un comunicado no que valora a concentración do pasado 2 de setembro, na que a Federación, o Concello de Redondela e os partidos políticos (agás o PP) manifestaban públicamente o seu rexeitamento aos recortes de profesorado no IES Mendiño e pedían unha rectificación por parte da Xunta de Galicia. Dada a importancia do asunto, que afecta directamente é calidade de ensino dos nenos e nenas de Redondela e que xera unha enorme intranquilidade nas familias, reproducimos, na súa integridade, o comunicado da Federación de ANPAS.

    O BNG redondelán considera “vergoñento” o ninguneo do Concello co alumnado do IES Mendiño

    O BNG de Redondela trasladou tanto ao ao alumnado coma ao profesorado do IES Mendiño os seus parabéns por terse implicado “decididamente para poder participar neste Certame de Debate” ao mesmo tempo que rexeitan “actitude manifestamente hostil do alcalde, Javier Bas ante a negativa a colaborar con este grupo de alumnos...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.