12 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis

    Tag: idioma

    Unha guía didáctica da Deputación e UVigo achegará ferramentas ao profesorado para concienciar nas aulas sobre a situación do galego

    Definir ferramentas e propostas que permitan mellorar o ensino da situación sociolingüística do galego nas aulas de Secundaria e contribuír a que o alumnado comprenda a situación de minoración na que se atopa o idioma son dous dos obxectivos do proxecto ‘Lingua e sociedade’ -que impulsa a Deputación de Pontevedra xunto a persoal investigador da Universidade de Vigo– e que onte centraron as xornadas homónimas celebradas no Pazo Provincial. Un dos resultados do traballo será a publicación dunha guía didáctica que se repartirá nos centros da provincia.

    A mocidade de Ponteareas “inmunízase” co galego nunha nova edición do Correlingua

    A mocidade dos institutos de Ponteareas sumarase este venres ao Correlingua 2021, unha xornada que ten como lema “Inmunízate co galego”, para apelar á defensa do galego fronte ás linguas maioritarias, á cultura dominante, aos prexuízos lingüísticos e á exclusión social.

    O Concello de Tomiño realiza unha campaña de normalización lingüística e apoio ao comercio local

    O concello de Tomiño, tras conmemorar o Día das Letras Galegas, continúa coa súa campaña de normalización lingüística a través da posta en marcha dunha iniciativa específica dirixida ao sector comercial tomiñés, na que colaborou previamente toda a cidadanía.

    Onde está Larry? de «Teatro Calavera», nova actividade de Apego en Ponteareas

    Este este venres, día 13 de decembro ás 18 horas, o auditorio municipal 'Reveriano Soutullo' acolle unha nova actividade de Apego, un programa colectivo dirixido a fomentar e a facilitar a transmisión do galego como lingua inicial e a socialización dos nenos e das nenas entre 0 e 6 anos no noso idioma.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.