Tag: humor
Magosto e humor esta fin de semana en Redondela
Os tradicionais magostos, tan propios do outono galego, chegan no serán do sábado ás parroquias de Redondela. En Ventosela celébrase ás 17.00 horas no Centro Cultural A Miñoteira dentro da programación das festas de San Martiño.
Tomiño énchese de bo humor esta fin de semana con dous espectáculos imprescindibles
O mes do humor continúa en Tomiño con dúas obras de teatro imprescindibles esta fin de semana, dous espectáculos de gran nivel, un para público adulto e outro para toda a familia, que durante unhas horas transportarán ao público a divertidas e entretidas realidades.
Chea a Ponteareas o humor con ‘Cómicas, habelas hainas’
O ciclo de humor ‘Cómicas, habelas hainas’ chega esta fin de semana a Ponteareas cunha divertida proposta que visibiliza o talento feminino no sector e normaliza a presenza das mulleres nos circuítos humorísticos.
Ponteareas organiza un orixinal obradoiro de iniciación ao humor gráfico en galego na biblioteca municipal
Ponteareas continúa esta semana coas actividades en homenaxe ao mestre Castelao. Esta semana o Concello organiza un orixinal obradoiro de iniciación ao humor gráfico galego impartido polo debuxante e deseñador afincado en Ponteareas Pablo Prado, Fuco.
Este sábado goza da retranca do humorista galego Sergio Pazos en Ponteareas
Este sábado dia 19 de decembro ás 20 horas poderemos gozar do espectáculo "Rebento se non o conto" de Sergio Pazos. A Concelleria de Cultura, que dirixe Fernando Groba, convida a toda a veciñanza a desfrutar deste monologuista que se atreve nesta actuación a analizar unha realidade tan próxima e tan afastada como a que conforma España, os seus tópicos, as súas mentiras piadosas e as súas medias verdades coa ironía como único bisturí.
Millán Salcedo descansa no Balneario de Mondariz antes da estrea do seu novo show
Os asiduos ao Balneario de Mondariz gozaron estes días coa presenza dun dos humoristas máis populares do noso país, Millán Salcedo –ex Martes y 13– que aproveitou o principio da primavera para desconectar na vila termal pontevedresa. O 'descanso do guerreiro' porque, como confesou, está a piques de presentar...