11.5 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis

    Tag: humanizacións

    Rematada a primeira fase da humanización da rúa Loureiro de Tui

    Está rematada a primeira fase da humanización da rúa Loureiro consistente no asfaltado do vial e a colocación de pasos de peóns elevados e redutores de velocidade. Estas obras supuxeron un investimento de 93.877,84 euros, financiados integramente ao abeiro do Plan Concello 2020 da Deputación de Pontevedra.

    Novos danos nas obras de humanización do Complexo Deportivo e Centro de Saúde de Ponteareas

    O Concello de Ponteareas lamentou e condenou os danos provocados por descoñecidos nas últimas semanas nas obras de humanización do Complexo Deportivo Álvaro Pino e entorno do Centro de Saúde. Nos últimos días, persoas descoñecidas danaron e queimaron un número considerábel de plantas rociándoas con produtos abrasivos na zona situada a carón das pistas de pádel.

    O Concello de Ponteareas proxecta humanizar no futuro seis rúas da contorna da Praza de Bugallal

    O Goberno de Ponteareas vén de dar un novo paso no seu obxectivo de humanizar o centro urbano e cambiar por completo o modelo de mobilidade e uso do espazo público no casco urbano. No marco da Rede Ágora, promovida pola Deputación de Pontevedra, e da súa liña de subvencións convocada recentemente para a redacción de proxectos de humanización, o Concello de Ponteareas aposta por elaborar un proxecto de reforma e mellora urbana das rúas do entorno da Praza de Bugallal.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.