21.8 C
Pontevedra
Martes, 15 de Outubro de 2024
Máis

    Tag: hotel roma

    A Valedora do Pobo recórdalle a Mondariz Balneario que o propietario do Hotel Roma debe conservalo

    En outubro de 2019, a plataforma SOS Fonte de Troncoso presentou unha denuncia ante a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e o Concello de Mondariz Balneario polo estado ruinoso do Hotel Roma, un edificio catalogado e protexido.

    Xunta e Concello de Mondariz Balneario ignoran á Valedora do Pobo que os insta a informar sobre o estado do Hotel Roma

    A Plataforma SOS Fonte de Troncoso que, acertadamente, vén de ampliar o seu abano de actuación a todo o referido á defensa do patrimonio de Mondariz Balneario, vén de denunciar o silencio administrativo tanto da Xunta como do Concello da vila balnearia que ignoran á Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, que instaba a ámbalas dúas institucións a informar sobre o estado do Hotel Roma.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.