Tag: galicia-norte de portugal
O AECT Río Miño presenta as súas prioridades á Comisión de Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal
O AECT Río Miño reuniuse esta semana co presidente e vicepresidente da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal (CCDRN), Antonio Cunha e Beraldino Pinto, para tratar a Estratexia do Rio Minho Transfronteirizo 2030.
A Xunta participará nun exercicio de loita contra a contaminación mariña coordinado pola Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
A Consellería do Mar participará activamente no desenvolvemento dun exercicio de loita contra a contaminación mariña que terá lugar a vindeira semana en Caminha froito da colaboración da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, e farano a través do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño-Intecmar e do Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, implicados nos proxectos de investigación responsables desta acción coordinada (Radar on Raia, MyCoast e Meloa).