9.9 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis

    Tag: froiteiras

    Areeiro aconsella tratar as viñas contra o mildio ante a previsión de choivas que favorecerán o avance do fungo

    A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que sinala que nos últimos días produciuse unha contención no desenvolvemento xeral do mildio nas viñas, favorecida polo tempo seco e con ventos do norte, pero o cambio na climatoloxía previsto para os vindeiros días, coa volta das choivas a partir de mañá xoves ou venres, favorecerá novamente a frutificación do fungo.

    Areeiro aconsella renovar a protección das viñas con funxicidas ante o desenvolvemento do mildio

    A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro da Deputación de Pontevedra, ven de lanzar un novo aviso fitosanitario no que advirte que a climatoloxía deste mes está sendo moi favorable para o desenvolvemento do mildio e pode desencadear contaminacións nas viñas de xeito continuado, feito ao que se une a limitación para facer os tratamentos nos momentos previstos debido ás precipitacións, vento ou outros factores.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.