14.1 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis

    Tag: FICC

    O 90 Encontro Internacional da FICC marcou a pasada fin de semana na Guarda

    En 2020 a Federación Española de Clubs Campistas (FECC) propuxo celebrar no Concello da Guarda o 90 Rally Internacional da FICC 2021 que se celebra dende o venres 3 e que remata o vindeiro domingo día 12 de setembro no Camping de Santa Tecla da Guarda.

    A Guarda acollerá a 90 edición do Encontro Internacional da FICC 2021

    Imaxe de arquivo da presentación da candidatura da Guarda para acoller este encontro internacional da FICC O vindeiro mércores día 19 de agosto ás 10:30h realizarase na Casa dos Alonso –na Praza do Reló– a presentación da nonaxésima edición 'Encontro Internacional da FICC 2021', un encontro internacional que tan só...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.