8.6 C
Pontevedra
Sábado, 27 de Abril de 2024
Máis

    Tag: epic race

    A ‘Epic Race’ volve esta semana dobrando a inscrición e con ciclistas de España, Portugal e Suiza

    odo listo para a celebración durante esta fin de semana da quinta edición da Epic Race, a proba afeccionada de bicicleta todo terreo que, ao chegar a esta quinta edición, tense convertido xa non só nunha referencia deportiva, senón nun escaparate turístico da provincia de Pontevedra. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, presentou hoxe o evento acompañada de Josevi Cimadevila, director da empresa organizadora (Global DXT) e os alcaldes de Moraña, José Cela; Portas, Ricardo Martínez, e Mondariz, Xosé Emilio Barros; así como os concelleiros de Pontevedra, Marcos Rey, e da Lama, Daniel Vidal.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.