Tag: entrevistas
2022, un antes e un despois para Ponteareas
O comezo dun novo ano é sempre algo esperanzador. Esperamos que o mellor que nos aconteceu no ano que deixamos atrás, sexa o peor que nos poida pasar no novo que temos diante. No caso de Ponteareas, o 2022 non so marca o iniciou dun ano novo, senón dunha nova etapa ao entrar o municipio do Tea no 'club', case que exclusivo, dos concellos galegos que contan cun Plan Xeral de Ordenación Municipal.