Tag: enerxías renovables
O Rosal dá un paso máis cara á sostibilidade apostando polas enerxías renovables
O Concello continúa dando pasos para converter O Rosal nun municipio o máis sostible posible. Nese camiño, no que se aposta polas enerxías limpas e renovables, o Concello aprobou este xoves en pleno extraordinario unha modificación orzamentaria para abordar a substitución das actuais caldeiras da Casa do Concello e da Escola de Pancenteo por unhas de biomasa.