Tag: día internacional para a eliminación da violencia contra a muller
Novembro encherá Redondela de bolboretas no mes da eliminación da violencia contra a muller, en memoria das irmás Mirabal
O Concello de Redondela desenvolverá, ao longo do mes de novembro, unha serie de actividades con motivo do Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller, que se celebra o 25 de novembro e no que o Goberno local quere involucrar á cidadanía “porque só a acción conxunta de todos e todas, conseguirá a eliminación desta lacra social”, dixo a alcaldesa de Redondela e concelleira de Igualdade, Digna Rivas.