14.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis

    Tag: desempregados

    O Concello de Tomiño forma a dez persoas desempregadas no manexo de plataformas dixitais

    “Recursos dixitais para a busca de emprego” é o curso de 15 horas organizado polos departamentos de Benestar Social e Orientación Laboral do Concello de Tomiño, co obxectivo de formar a dez persoas desempregadas.

    Vinte persoas en situación de desemprego poderán formarse no obradoiro dual ‘Redondela máis que bela’

    Un total de 20 persoas en situación de desemprego do municipio de Redondela participarán no obradoiro dual 'Redondela máis que bela', logo de que a Consellería de Igualdade e Emprego da Xunta de Galicia confirmase a concesión dunha subvención de 346.946 euros para a realización desta iniciativa formativa, importe ao que se engade a achega municipal de 62.500 euros.

    A Xunta destina 120.000 euros a axudas para que as persoas desempregadas cursen másters oficiais

    A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2020/2021. O obxectivo é apoiar aos titulados universitarios en situación de desemprego co fin de mellorar as súas perspectivas de incorporación ao mercado de traballo.

    Os desempregados interesados en certificarse en soldadura poden formarse en Mos

    A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, ven de concederlle ao Concello de Mos a través da concellería de Promoción económica, desenrolo empresarial e emprego que dirixe a edil Julia Loureiro o curso de Soldadura Oxigás e Soldadura MIG/MAG.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.