Tag: depo orienta
A Deputación abre a inscrición para a segunda Depo Orienta que percorrerá o monte do Acibal en Barro
As persoas amantes do deporte sustentable, a natureza e a orientación xa poden inscribirse na segunda das rutas do programa 'Depo Orienta' da Deputación de Pontevedra, que realizarase o domingo 26 de setembro no Monte do Acibal en Barro. Trátase da segunda das saídas deste programa provincial de orientación tras a excepcional acollida da primeira actividade celebrada o pasado domingo no Monte do Galiñeiro (Gondomar), cun éxito de participación rotundo.
Esgotadas en apenas unhas horas as duascentas prazas para a segunda “Depo Orienta” no Monte da Lagoa de Castiñeiras
A segunda e última das probas Depo Orienta, a nova oferta deportiva e sustentable deste ano que organiza a Deputación de Pontevedra con “Vive Deporte”, que terá lugar o día 27 de setembro no Monte da Lagoa de Castiñeiras xa ten todas as súas prazas esgotadas. Na mesma xornada en que se abriu a inscrición, onte luns 7 de setembro, non só se cubriron as 200 prazas ofertadas, senón que ademais se completou a lista de agarda con outras cen persoas máis.
A Deputación abre a inscrición para a segunda “Depo Orienta” do día 27 no Monte da Lagoa de Castiñeira
Con Vive Deporte, a programación coa que a Deputación de Pontevedra pon en valor as actividades deportivas sustentables, as persoas amantes da natureza teñen a oportunidade de realizar unha nova actividades de orientación, tras o éxito de participación deste pasado domingo no Monte Galiñeiro.