19.4 C
Pontevedra
Martes, 23 de Abril de 2024
Máis

    Tag: cultura no camiño

    A Xunta estende o programa Cultura no Camiño + a preto de 150 municipios, entre eles Arbo e Salceda de Caselas

    O circuíto da Xunta Cultura no Camiño + celebra ata o 15 de outubro a súa oitava edición, nunha versión ampliada que estende a súa programación a 149 concellos de toda Galicia no marco do plan autonómico de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos da Covid-19. Todos eles son beneficiarios das subvencións convocadas pola Consellería de Cultura e Turismo para a contratación de espectáculos profesionais galegos ao abeiro deste programa, que volve contar co patrocinio de Gadis.

    Nigrán ofrece un concerto íntimo de Carlos Nuñez a través de ‘Cultura no Camiño’

    O Concello de Nigrán ofrece na súa programación especial de agosto 'Nigrán, equilibrio natural' o concerto estelar de Carlos Núñez o sábado 15 no miradoiro de Monteferro dentro da súa xira 'Lugares Máxicos' e como parte do circuíto Cultura no Camiño.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.