10.5 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis

    Tag: conferencias científicas

    A Deputación e a Academia de Ciencias pechan este xoves cunha dobre webinar o Ciclo de Conferencias Científicas Aida Fernández Ríos

    A dobre charla da catedrática de Bioloxía Concepción Herrero López e da profesora de Investigación Isabel Medina porá fin este xoves 3 de decembro á primeira edición do Ciclo de Conferencias Científicas Aida Fernández Ríos, que a Deputación de Pontevedra ven desenvolvendo coa Real Academia Galega de Ciencias para achegar a ciencia á sociedade.

    A Deputación abre o prazo de inscrición para as webinars do I Ciclo de Conferencias Científicas Aida Fernández Ríos

    Tralo gran arranque do I Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos coa webinar sobre o cancro a cargo de Xosé Ramón García Bustelo, a Deputación de Pontevedra abre o prazo de inscrición na web (www.depo.gal) para as seguintes seis conferencias que se celebran entre outubro e decembro. Este ciclo, que a Deputación organiza en colaboración coa Real Academia Galega de Ciencias, ten como obxectivo principal achegar a ciencia á sociedade e, debido á pandemia da Covid-19, realízase de maneira on line en formato webinar.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.