11.1 C
Pontevedra
Venres, 1 de Decembro de 2023
Máis

    Tag: concello

    Complétase a limpeza exterior da Casa do Concello do Porriño

    O pasado mes de agosto deron comezo, no Porriño, as tarefas de limpeza das fachadas do Concello, iniciando os traballos polo lateral do edificio consistorial que cara á rúa Antonio Palacios.

    O pleno de Ponteareas aproba o primeiro Plan de Igualdade do persoal do Concello

    O pleno de Ponteareas aprobou onte o primeiro o Plan de Igualdade do persoal municipal do Concello. O documento, promovido pola concellaría de Benestar Social e Igualdade que dirixe Verónica Carrera, contempla 39 actuacións que permitirán camiñar cara a igualdade entre ambos xéneros na plantilla de persoal da entidade local.

    O Concello das Neves aposta polo emprego, a formación e a mellor prestación de servizos

    Dende principios desta semana, estudantes en prácticas ou que obtiveron o seu título recentemente comezaron a traballar nas instalacións do Concello. Coa financiación da Deputación de Pontevedra e a través do 'Plan O Teu Primeiro Emprego', unha Traballadora Social e un Enxeñeiro Técnico Agrícola iniciaron cadanseu contrato cunha duración de seis meses, prorrogables ata un ano.

    Hoxe venres 4 comeza o prazo de presentación de solicitudes para opositar por 3 plazas de interinos no Concello do Porriño

    A partir de hoxe venres 4 de setembro, os interesados en participar na convocatoria para cubrir, en réxime de interinidade, tres prazas vacantes de auxiliar administrativo no Concello, poderán comezar a presentar as súas solicitudes.

    Persoal municipal e Goberno de Nigrán homenaxean a cinco funcionarios que se xubilan sumando, entre todos, 177 anos de traballo

    O persoal e goberno do Concello de Nigrán renderon este mediodía unha homenaxe a cinco funcionarios municipais recentemente xubilados e que marcan a historia do consistorio cunha media de 35 anos adicados á administración local. Así, o persoal municipal e o goberno asistiron a unha comida na Carrasca inviatos polos cinco xubilados, aos que o alcalde entregou unha placa de recoñecemento.

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.