17.7 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis

    Tag: clases

    Aberta a inscrición para as clases ‘Activa a túa mente’ dirixidas as persoas maiores de Redondela

    Que os nosos maiores poidan traballar en capacidades que melloren a coordinación, memoria e concentración, todo dun xeito entretido e divertido, é o obxectivo do programa Activa a túa mente posto en marcha pola Concellería de Servizos Sociais do Concello de REdondela, que xestiona Iria Vilaboa.

    O Concello de Nigrán abre ata o 1 de marzo o prazo de preinscrición para ofrecer clases de piano e linguaxe musical no vindeiro curso

    O Concello de Nigrán abre ata o 1 de marzo un primeiro prazo de preinscrición para aqueles veciños empadroados no municipio que estén interesados en recibir clases de piano e linguaxe musical no vindeiro curso e dentro das actividades culturais municipal que xa ofrecen violín ou guitarra.

    O Rosal comeza o programa #Reactívate que, como novidade, oferta clases de ioga

    O Concello do Rosal vén de dar a coñecer as actividades que, neste ano, desenvolveránse ao abeiro do programa #Reactívate. Esta iniciativa inclúe clases de pilates, pintura, restauración, zumba, zumba gold, tenis, axilidade mental e, este ano como novidade, ioga.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.