11 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis

    Tag: choiva

    Efectivos municipais do Concello de Baiona reparan numerosas incidencias ocasionadas polas intensas choivas

    O Concello de Baiona informa de que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior acaba de activar un plan especial por risco de inundacións en Galicia. Activouse a fase de preemerxencia. A meteoroloxía adversa deixa un gran número de incidencias no municipio.

    A Mancomunidade do Baixo Miño pedirá unha partida orzamentaria excepcional para os danos provocados polas choivas

    Alcaldes da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño reuníronse este luns de urxencia para valorar os cuantiosos danos sufridos nos catro concellos (A Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui) tras o temporal e as abundantes choivas acumuladas durante a xornada de ano novo.

    Alerta laranxa por choivas na Cañiza, Covelo e nas Rías Baixas

    A Axencia Estatal de Meteoroloxía informa dun fenómeno adverso de nivel laranxa por choiva, que afectará o interior da provincia de Pontevedra a partir desta mañá. Segundo a previsión, as precipitacións serán intensas.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.