7.6 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis

    Tag: castros

    Rematada a terceira fase de escavacións do Castro de Pereiras

    O xefe do Servizo de Arqueoloxía da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Roberto Pena, acompañado pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro mosense de Patrimonio e da parroquia de Pereiras, Leo Costas, e representantes da Comunidade de Montes de Pereiras visitaron os xa rematados traballos da terceira fase de escavacións do Castro de Pereiras.

    Os centros educativos de Salvaterra visitan os castros de Soutolobre-Lourido

    Dende o Concello de Salvaterra de Miño organizáronse varias visitas con alumnos dos centro de educativos de primaria do CEIP de Alxén, CEIP de Leirado e CEIP Infante Felipe para descubrir a excavación nos Castros de Soutolobre-Lourido.

    Excepcional acollida entre o público do programa “Historias Cavadas”

    O programa “Historias Cavadas” de visitas escenificadas aos xacementos musealizados do Castro de Toiriz, en Silleda; Castro Alobre, en Vilagarcía e A Subidá, en Marín, que pon en marcha a Deputación de Pontevedra, vai comezar cunha excepcional acollida.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.