Tag: canteiras
EU-Son O Porriño presenta unha moción para establecer un Plan de Vixilancia Ambiental sobre a actividade das canteiras en Budiño
O Grupo Municipal de EU-Son no Porriño deu conta da presentación dunha moción encamiñada a que o Concello do Porriño inste á Xunta de Galicia, concretamente á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, ao deseño e execución dun Plan de Vixilancia Ambiental sobre a actividade mineira na parroquia de Budiño artellando, de ser o caso, os cambios normativos precisos para acadalo.
O Porriño remata as obras de valado e sinalización das canteiras para bloquear o acceso de bañistas
A mellora do valado e peche perimetral e a ampliación da sinalización de perigo das canteiras que se estaban a converter nun lugar habitual para bañistas e curiosos –sen ter en conta os múltimples riscos que ten bañarse na zona– xa remataron conforme o acordo acadado polo Concello de Porriño e titulares das explotacións de Atios para bloquear o acceso de bañistas e curiosos ás canteiras.
Principio de acordo entre concello e canteiras para bloquear o acceso de bañistas
Mellora do valado e peche perimetral; ampliación da sinalización de perigo e estudar posibles sancións tanto a vehículos como peons que ainda así accedan ás canteiras, son as tres medidas que se acordaron hoxe na reunión entre Concello de Porriño e titulares das explotacións de Atios para bloquear o...