14.1 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis

    Tag: bibliotecas

    A Biblioteca Municipal de Vila Nova de Cerveira participa no ‘Clube de Leitura online’ no Día do Libro

    A Rede Intermunicipal das Bibliotecas Públicas Municipais do Alto Minho (RIBAM) inicia, este venres, 23 de abril, en pleno Dia Mundial do Livro e dos Direitos de Autor, o seu Clube de Leitura Online. Con 12 anos de experiencia en encontros de lectores no formato presencial, a Biblioteca Municipal de Vila Nova de Cerveira súmase a este desafío que, na primeira sesión, contará coa participación da exministra de Cultura, Isabel Pires de Lima. As interesadas e interesados poden asistir en directo a través do Facebook, a partir das 15 horas (hora de Portugal).

    As bibliotecas de Redondela mudan o seu horario nas datas de Nadal

    A Biblioteca Pública Municipal 'Valle Inclán' de Redondela e a 'Xela Arias' de Chapela, terán horarios especiais durante estas datas de Nadal, ademáis de pechar os días 24, 25 e 31 de decembro e o 1 e 6 de xaneiro do 2021. No que á Biblioteca Valle Inclán de Redondela...

    Colexios das Neves, Oia, Salceda e Salvaterra incorpóranse ao plan de mellora de bibliotecas escolares da Consellería de Educación

    Os CEIP Marquesa do Pazo da Mercé das Neves e Refoxos de Oia e os CRA (Colexio Rural Agrupado) Raíña Aragonta de Salceda de Caselas e A Lagoa de Salvaterra de Miño, veñen de ser incluídos no Plan de melloras de bibliotecas escolares logo de que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publicase hoxe no Diario Oficial de Galicia a correspondente resolución.

    As Bibliotecas municipais de Redondela participan no vídeo de 31 bibliotecas galegas para conmemorar o Día do Libro

    As persoas responsables das bibliotecas, que están pechadas por mor da pandemia da COVID-19, son as protagonistas e as caras visibles deste audiovisual, que quere mostrar que estes centros seguen a traballar e a buscar novas formas de contactar co público lector. A acción enmárcase dentro das actuacións cooperativas que está a poñer en marcha un grupo de traballo formado por 31 bibliotecas públicas municipais pertencentes á Rede de Bibliotecas de Galicia.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.