13.9 C
Pontevedra
Venres, 8 de Decembro de 2023
Máis

    Tag: batalla de lepanto

    Preto de 300 persoas participaron nas actividades sobre a Batalla de Lepanto en Tui

    Preto de 300 persoas teñen participado nas últimas semanas nas actividades organizadas polo Concello de Tui con motivo do 450 aniversario da Batalla de Lepanto.

    O historiador tudense Suso Vila pecha o ciclo de conferencias sobre o retablo da batalla de Lepanto

    O próximo martes, 9 de novembro, ás 19.30 h a igrexa de San Domingos acollerá a derradeira conferencia do ciclo organizado polo Concello de Tui en torno ao retablo de Nosa Señora do Rosario, popularmente coñecido como da “Batalla de Lepanto”.

    Javier Gómez Darriba intervén este mércores no ciclo sobre a batalla de Lepanto

    “Política, devoción e iconografía bélica. O tema da Batalla de Lepanto no retablo do Rosario do convento de San Domingos de Tui” é o tema da conferencia que este mércores, 2 de novembro, ás 19.30 horas na igrexa tudense de San Domingos ofrecerá Javier Gómez Darriba.

    Novas visitas guiadas ao retablo da Batalla de Lepanto na igrexa de San Domingos de Tui este domingo e luns ás 18 h

    Esta fin de semana terán lugar novas visitas guiadas ao retablo da Batalla de Lepanto na igrexa de San Domingos dentro do programa conmemorativo do 450 aniversario desta batalla naval.

    A profesora Dolores Balseiro ofrecerá hoxe a conferencia “A Batalla de Lepanto na literatura española: poetas”

    Hoxe martes, 26 de outubro, ás 19.30 h terá lugar na igrexa de San Domingos unha nova conferencia do ciclo organizado polo Concello de Tui co gallo do 450 aniversario da Batalla de Lepanto.

    O historiador Domingo González Lopo intervén no ciclo de conferencias sobre o retablo da batalla de Lepanto

    O historiador Domingo González Lopo pronunciará mañá, martes 19 de outubro, ás 19.30 horas unha nova conferencia, na igrexa de San Domingos de Tui. Será dentro do ciclo de conferencias e visitas guiadas que organiza o Concello de Tui en torno ao retablo de Nosa Señora do Rosario da Igrexa de San Domingos no 450 aniversario da Batalla de Lepanto que é o principal motivo iconográfico deste singular retablo barroco.

    O profesor Hortensio Sobrado abre o ciclo de conferencias sobre a Batalla de Lepanto

    Este mércores, 13 de outubro, comeza o ciclo de conferencias organizado polo Concello de Tui, coa colaboración da Asociación Amigos da Catedral, para conmemorar o 450 aniversario da Batalla de Lepanto.

    O Concello de Tui organiza un ciclo conferencias sobre o retablo da Batalla de Lepanto da igrexa de San Domingo

    Onte, 7 de outubro, conmemorouse o 450 aniversario da Batalla de Lepanto. Aproveitando esta efeméride o Concello de Tui organiza un ciclo de conferencias e unha serie de visitas guiadas ao retablo de Nosa Señora do Rosario ou da batalla de Lepanto, e a igrexa de San Domingos onde está ubicado, para poñer en valor este singular elemento do patrimonio cultural tudense, e contribuír ao coñecemento da nosa historia e de acervo cultural de Tui.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.