11.8 C
Pontevedra
Martes, 14 de Maio de 2024
Máis

    Tag: baioutono

    O Circuito de Teatro Amador chega a Baiona esta fin de semana

    Baiona poderá gozar durante esta fin de semana de varias funcións teatrais da man do Circuito Gallego de Teatro Amador. Esta actividade está enmarcada dentro do BaiOutono, programación realizada pola Concellería de Cultura.

    O Concello de Baiona presenta o ‘BaiOutono’ unha aposta cultural pola desestacionalización do turismo

    A Casa da Navegación de Baiona acolleu, na mañá de hoxe, a presentación do programa cultural 'BaiOutono', unha iniciativa que como adiantara o alcalde de Baiona, Carlos Gómez, na presentación da marca Baiona e a imaxe 'Baiona te engancha', busca ofrecer actividades e iniciativas que permitan unha desestacionalización do turismo.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.