9.6 C
Pontevedra
Domingo, 3 de Decembro de 2023
Máis

    Tag: anxo lorenzo

    A Catedral de Tui acolle en agosto a décimo quinta edición de ‘Música no Claustro’ que inclúe un foro musical profesional co apoio da Xunta

    O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, acompañado pola xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro e polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, participou hoxe na presentación da XV edición de Música no Claustro, o festival de música, patrimonio e creación que se celebra do 1 ao 7 de agosto na Catedral de Tui e que incluirá unha nova edición do foro profesional de instrumentos musicais para divulgar os oficios artesanais, #Resonancias, co apoio da Xunta de Galicia.

    Visita á exposición “O Camiño do humor” de viñetas de Dávila

    Hoxe mércores, ás 19 h na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, realizarán unha visita á exposición 'O Camiño do Humor' que recolle unha recompilación de viñetas do ilustrador e deseñador gráfico galego Luís Davila. A mostra está organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidades da Xunta de Galicia.

    A percusión de «Dúas» promove no Porriño o Camiño de Santiago, a igualdade e a cultura

    O proxecto 'Camiño a dentro', promovido pola Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia a través do programa 'O teu Xacobeo', fixo escala onte na praza Arquitecto Antonio Palacios de O Porriño, onde o grupo 'Dúas', formado por Sabela Caridad e Marta Figueiredo, ofreceu un recital de percusión en directo ante autoridades, veciñanza, peregrinas e peregrinos.

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.