Tag: ánxela
Máis de 800 participantes tomarán a saída este domingo no «Trail Adventure Muíños de Folón» no Rosal
O Trail Adventure Muiños do Folón, que se disputará este domingo no Rosal, será a primeira proba da I Pontevedra Trail League, unha competición na que tamén figuran o Trail do Románico e o Trail do Tegra. A próxima fin de semana reuniranse máis de 800 persoas na terceira edición dunha proba espectacular e que creceu co paso do tempo.