Tag: alagua
Deportistas do Club Alagua da Guarda, na Copa de España de Vaurien
Do 1 ao 4 de abril celebrouse a Copa de España de Vaurien nas Pontes, onde participou unha tripulación mixta conformada por Ignacio Campos e Yolanda Bastos, do Club deportivo Alagua da Guarda. Aínda que na regata do venres acadaron un primeiro posto na clasificación provisional, as duras condicións meteorolóxicas que precederon nos seguintes días, fixeron caer á tripulación do Club guardés ata o cuarto posto quedándose ás portas do pódium.
A Guarda segue a reclamar un futuro para o seu porto
O antigo local da confraría de pescadores da Guarda acolleu, este pasado venres 24 de xaneiro, unha reunión informativa na que estaban presentes todas as asociacións que reclaman un futuro para o porto guardés. O alcalde Antonio Lomba e os membros da Comisión de Seguimento –Confraría de Pescadores, Piuerio, ORPAGU e Alagua), informaron sobre o contido da reunión mantida en Santiago, o pasado 15 de xaneiro, coa Conselleira do Mar, Rosa Quintana e a presidenta de Portos, Susana Lenguas.