11 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis

    Tag: agrupación musical de goián

    A Agrupación Musical de Goián dará un concerto na praza do Seixo polo Día das Letras Galegas

    Co gallo da programación cultural prevista para o Día das Letras Galegas, o vindeiro 17 de maio a Agrupación Musical de Goián ofrecerá un concerto na Praza do Seixo.

    A homenaxe aos heroes e heroínas da crise sanitaria pecha O Alivio 2020

    O Alivio chega á súa recta final. Este sábado 12 de setembro a Praza do Seixo acollera o peche das festas co tradicional acto cívico e cun concerto da Banda de Música de Goián. A tarde arrancará ás 20.00 horas cunha sentida homenaxe a todas as persoas que durante a crise sanitaria colaboraron de forma activa na loita contra a COVID-19, a todos os colectivos e a toda a veciñanza que converteron o municipio nun exemplo de unidade e solidariedade durante unha situación excepcional.

    Tomiño agradece a labor da Agrupación Musical de Goián

    O pasado sábado, o Concello de Tomiño ofreceu no Salón de Plenos unha recepción á Agrupación Musical de Goián para agradecerlle a súa labor e os seus recentes galardóns no XIII Certame Galego de Bandas de Música Populares. A banda tomiñesa acudía coa obra «Lobo de Río», do compositor goianés Andrés Álvarez

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.