A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) fai un chamamento xeneralizado á cidadanía a doar sangue e, moi especialmente, aos doantes dos grupos sanguíneos A positivo e B positivo.
As reservas dos grupos A positivo e B positivo presentan niveis baixos, polo que resulta preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón de sangue.
Desde ADOS convídase a todas as galegas e galegos a continuar amosando o seu carácter solidario para incrementar o numero de doazóns de sangue.
Cómpre remarcar que os hospitais galegos precisan mensualmente ao redor de 10.000 doazóns de sangue.
Facilitar a participación
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue agarda, novamente, contar coa positiva resposta da cidadanía ao seu chamamento solidario e para iso ofrecerá as máximas facilidades para doar, desprazando as súas unidades móbiles ao longo da xeografía galega.
Data | Lugar |
Mércores 16 setembro | Pontedeume, Carballo, Zona Gaiteira / Os Castros (A Coruña), Forte, Camporrapado, Bertamiráns (Ames), O Grove, Tui, Rúa Príncipe (Vigo), Cervo, San Cibrao (Cervo), Vilar de Barrio, Oimbra, Dacon (Maside), Maside. |
Xoves 17 setembro | Betanzos, Carballo, Bº Elviña (A Coruña), Santa Comba, Negreira, Cambados, Tui, Baiona, Palas de Rei, Ribadavia |
Venres 18 setembro | Betanzos, Baio (Zas), Zona Monelos – Castrillón (A Coruña), Boiro, Esteiro (Muros), Vilagarcía, Gondomar, Baiona, Praza Maior (Lugo), Avda. Buenos Aires (Ourense) |
Sábado 19 setembro | As Somozas, Urbanización A Barcala (Cambre), Boiro, Vilagarcía de Arousa, Gondomar, Praza Maior (Lugo) |
Así mesmo, tamén existe a posibilidade de doar nos locais existentes nas sete grandes cidades galegas:
Lugar | Horario |
Hospital Clínico Universitario de Santiago | Luns a venres das 08:00 ás 22 horas sábado das 08:00 as 15:00 horas |
Hospital Universitario da Coruña | Luns a venres das 08:00 ás 22:00 horas sábado das 08:00 as 15:00 horas |
Hospital Arquitecto Marcide Ferrol | Luns das 15:00 ás 22 horas martes, mércores e xoves das 08:00 a 15:00 venres das 08:00 ás 22:00 horas |
Hospital Lucus Augusti | Luns a venres das 08:00 ás 15:00 horas |
Hospital Universitario de Ourense | Luns a venres das 08:00 ás 15:00 horas |
Hospital Provincial de Pontevedra | Luns a venres das 08:00 ás 15:00 horas |
Hospital Nicolás Peña de Vigo | Luns a venres das 08:00 ás 22:00 horas sábado das 08:00 as 15:00 horas |
Doar, moi sinxelo
Pode doar sangue calquera persoa con máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C…). A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar a vida.
ADOS dispón da páxina web: ados.sergas.gal, as páxinas de ADOS en redes sociais, e o teléfono gratuíto 900 100 828 para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles. Na páxina web pódese descargar o código QR e atopar máis información.

ADOS lembra que, aínda que se pode acudir de forma espontánea, é recomendable solicitar cita no teléfono antes sinalado.