Mércores, 7 Maio de 2025

O Concello de Baiona limpa os leitos dos ríos ante a chegada das choivas

Baiona prepárase para as choivas limpando os seus ríos. A concelleira de Medio Ambiente, Rosa María Domínguez Roda, deu conta dos traballos de limpeza que se van a levar a cabo nos ríos do municipio, de forma gradual, por parte de operarios municipais do departamento.

Os traballos comezaron xa a pasada semana no río Groba, parroquia de Santa Cristina da Ramallosa, baixo a supervisión da Concellería de Medio Ambiente logo de obter a autorización de Augas de Galicia. Salienta o Concello que ditas labores realizanse con especial coidado “á hora de protexer a flora e a fauna”.

“A actuación cubrirá máis de seis quilómetros de leitos na noso municiopio e permitirán mellorar as condicións de desaugadoiro dos ríos”. “Están a levarse a cabo traballos de retirada das árbores caídas, roza selectiva de masas de matogueira e herbáceas, podas e rareos”, apuntou a concelleira.