Sábado, 3 Maio de 2025

Redondela retoma hoxe as clases de Tai Chi que serán impartidas respectando escrupulosamente as medidas de seguridade sanitaria

Algunhas das clases, que comezan hoxe día 1 de outubro, poderán modificar o lugar onde se impartían para poder cumprir cos protocolos da COVID-19

O Concello de Redondela, a través das Concellerías das Persoas e Servizos Sociais, que xestiona a alcaldesa Digna Rivas, vén de retomar, dende o día 1 de outubro, á actividade de Tai Chi, suspendida temporalmente no pasado mes de marzo como consecuencia do decreto do Estado de Alarma provocado pola pandemia da COVID-19.

Logo de terse reiniciado as clase na modalidade ao aire libre durante este verán na Alameda de Redondela e no xardín do Multiúsos de Chapela, retómanse agora as clases nas parroquias de Redondela, Chapela, Cabeiro, O Viso, Reboreda e Saxamonde.

En canto ao lugar onde se desenvolverán as clases, poderán ter algunha modificación con respecto ao pasado ano, buscando onde sexa preciso, instalacións máis amplas que permitan garantir o mantemento da distancia de seguridade e a correcta observación das medidas de prevencióne protección en materia de saúde e hixiene.

Para solicitar información ou aclarar as dúbidas que poidan xurdir, as persoas interesadas poden contactar directamente co Departamento dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Redondela a través do número de teléfono 986 402 608.