9.6 C
Pontevedra
Sábado, 27 de Abril de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaO Concello de Redondela lembra que 20 de decembro remata o prazo...

    O Concello de Redondela lembra que 20 de decembro remata o prazo para o pagamento en período voluntario da taxa do lixo, vados e taxis

    Unha vez rematado o período voluntario o cobro realizarase por vía executiva coas recargas de constrinximento regulamentarias

    O Concello de Redondela vén de poñer en coñecemento de todas as interesadas e interesados que o vindeiro 20 de decembro remata o prazo para o pagamento en periodo voluntario dos recibos da Taxa pola recollida do Lixo 2021, Taxa pola entrada de vehículos (vados) 2021 e a Taxa pola reserva da vía pública (taxis) 2021.

    Os contribuíntes que ainda non recibiran no seu domicilio as cartas de pagamento (recibos) necesarios para realizar o pago a través da Oficina Virtual Tributaria ou en calquera das sucursais de Abanca, Caixabank ou Banco Bilbao Vizcaya, poderán obter un duplicado dos mesmos na Oficina Virtual Tributaria https://redondela.tributoslocales.es, na Oficina de Recadación e Xestión Tributaria do Concello de Redondela sita. na Rúa Ernestina Otero 35 bx. (horario de atención ó público de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h e de luns a xoves de 16:00 h a 19:00 h) ou na Oficina de Chapela sita. no Camiño do Piñeiral 22 (horario de atención: tódolos mércores de 9:00 a 14:00). Tamén poden dirixirse ao teléfono de atención ao contribuínte (986 408 374) ou ao correo electrónico redondela@canaltributos.com

    Finalizado este prazo o cobro realizarase pola vía executiva coas recargas de constrinximento regulamentarios.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.