Domingo, 4 Maio de 2025

O BNG de Redondela organiza un acto público informativo sobre a AP-9 en Chapela

Dentro da campaña informativa que desenvolve o BNG baixo o lema ‘Facer valer Galiza’ de cara a dar a coñecer os compromisos que para Galicia conseguíronse a través do acordo de investidura, os nacionalistas convocan un acto público en Chapela centrado na AP-9, para o vindeiro venres 24 de xaneiro ás 20 horas no multiúsos do Piñeiral do Crego en Chapela.

Nun acto que contará coas intervencións de Néstor Rego, deputado do BNG e dos voceiros municipais de Vigo, Xabier Pérez e Redondela, Xoán Carlos González, trataranse temas como a transferencia a Galiza da AP-9, gratuidade do 100% nas viaxes de ida e volta, supresión da peaxe de Rande e demais cuestións que sobre este punto figuran no documento do acordo.