Sábado, 3 Maio de 2025

Ponteareas pon en marcha unha nova edición de «ActivaTea», campamento de verán para a mocidade

Dirixido a rapazada de 13 a 17 anos, as actividades serán os luns, mércores e venres de xullo e agosto en horario de mañá. As persoas interesadas poden xa inscribirse en [email protected]

O Concello de Ponteareas pon en marcha unha nova edición do programa ‘ActivaTea’, un campamento dirixido a mozas e mozos de 13 a 17 anos no que poderán gozar dun amplo programa de actividades educativas e de lecer durante os meses de xullo e agosto. As actividades desenvolveranse ao aire libre todos os luns, mércores e venres de 10.00 h a 14.00 horas.

Trátase dun programa de actividades pensado para unha franxa de idade que require unha maior oferta lúdica e formativa e para a que habitualmente non hai tantas opcións dispoñibles. A través do ‘ActivaTea’, rapazas e rapazas poderán gozar dos espazos de lecer, convivencia e socialización saudables, ao tempo que se fomenta a autonomía e a interacción e o traballo en equipo e se poñen en valor os recursos de interese da vila, promovendo a sensibilización ambiental e o servizo comunitario.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse xa enviando un correo electrónico a [email protected]. O campamento terá un prezo de 25 euros por participante.