8.6 C
Pontevedra
Domingo, 28 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPonteareas incentiva a creatividade da mocidade co concurso ‘Talento Xove’

    Ponteareas incentiva a creatividade da mocidade co concurso ‘Talento Xove’

    A mocidade poderá presentar propostas de diferentes disciplinas como a cociña, danza, fotografía música ou poesía, entre outras, ata o próximo 15 de marzo

    O Concello de Ponteareas incentiva a creatividade entre os mozos e as mozas da vila mediante o concurso ‘Talento xove’, certame que pon en marcha a Concellería de Xuventude, dirixida polo edil Cristian Montes, co obxectivo de estimular ás persoas novas do municipio e actuar como canle de difusión das súas inquedanzas artísticas. O prazo de presentación finaliza o 15 de marzo. 

    Poden participar veciños e veciñas de ata 30 anos nas modalidades de arte plástica, banda deseñada, cociña, danza moderna, arte urbana, fotografía, música, novela curta, moda e poesía. Ademais, establécense as categorías de infantil, cadete e xuvenil. 

    A inscrición deberá realizarse cubrindo a ficha na oficina da OMIX situada na biblioteca municipal ou mediante o envío dun correo electrónico ao enderezo xuventude@ponteareas.gal. Tamén é posible nos centros escolares. 

    Toda vez que finalice o prazo, o xurado, que estará formado expertos nas diferentes disciplinas, terá en conta que as temáticas elixidas teñan que ver coa vila. As bases están dispoñibles na páxina web do Concello. 

    O edil de Xuventude, Cristian Montes, apunta que “somos conscientes da importancia que ten facilitar vías polas que poida manifestarse a actividade artística individual e colectiva dos mozos e das mozas, por iso poñemos en marcha este certame no que poden dar renda solta a súa creatividade desde diferentes disciplinas”. 

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.