A Asociación Ponte Solidario vén de facer un chamamento á colaboración para paliar a “urxencia sanitaria” que vive a Asociación. A actividade de Ponte Solidario dende marzo viuse incrementada sustancialmente e a ese incremento de solicitudes sumouse a imposibilidade de realizar recollidas de alimentos e produtos de hixiene e limpeza nos supermercados ou na rúa.
En marzo a Asociación facía unha chamada á solidariedade e “como sempre, a resposta foi inmensa e conseguimos recadar 3.362,28 €”, explica Ponte Solidario. Grazas a esa redacación puideron facer catro compras nos últimos catro meses “e tivemos o almacén preparado para repartir máis de 200 lotes a familias con problemas económicos”. “Nestes intres voltamos ter unha situación precaria e calculamos existencias unicamente ata finais de outubro”.
Precisamos de ti! di Ponte Solidario que ofrece dúas formas de colaborar de xeito inmediato. Unha, achegando produtos polo local, os sábados de 10:30 h a 13 h ou contactando coa asociación para recollelo no 600 58 43 86 ou no enderezo de correo electrónico [email protected]
Outro xeito de colaborar e realizando unha doazón económica na conta ES81 0133 4281 1342 0000 3088, MICROBANK, Asociación Ponte Solidario
En caso de optar por doar produtos, a Ponte Solidario lembra que os máis necesarios son os de hixiene feminina, aceite, latas de conservas, leite e galletas.