Sábado, 3 Maio de 2025

Obradoiro de cócteles sen alcol en Ponteareas

A concellería de Mocidade do Concello de Ponteareas, que dirixe Miguel Bouzó, organiza mañá sábado, 1 e agosto no mercado municipal, o obradoiro de cócteles sen alcol enmarcado na programación específica deseñada para a mocidade.

Ás 21 horas e respectando todas as medidas de seguridade e distancia sanitaria celebrarase esta actividade para mozas e mozos maiores de 12 anos.