Sábado, 3 Maio de 2025

Naiama encherá de música tradicional o terreiro de Fozara

Actuará este domingo 25 de xullo (12.30 h) ao abeiro do programa Cultura24

Ponteareas acollerá esta fin de semana unha nova cita musical. Este domingo 25 de xullo, día do Apóstolo Santiago, patrón de Galicia, o programa Cultura24 levará ao terreiro de Fozara o son de Naiama, unha asociación cultural dedicada a fomentar a cultura galega recuperando pezas da música tradicional.

A actuación será ás 12.30 horas, de balde e cumprindo con todas as medidas de prevención necesarias ante a actual situación sanitaria.

A través deste programa a Concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, procura levar a actividade cultural e de lecer ás 24 parroquias do municipio, dinamizando os centros culturais e o propio tecido creativo da vila. O Cultura24 continuará coa súa oferta de actuacións en diferentes puntos do concello ata o vindeiro mes de outubro.