11.1 C
Pontevedra
Sábado, 27 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasEntran en vigor as ordenanzas que permiten á veciñanza de Ponteareas beneficiarse...

    Entran en vigor as ordenanzas que permiten á veciñanza de Ponteareas beneficiarse dun 95 % de redución nos impostos do IBI e do ICIO

    A medida busca impulsar o desenvolvemento sostible e o estímulo de actividades que resultan clave para a vila e inclúe bonificacións para as propiedades que se poñan a disposición do colectivo alfombrista

    O Concello informa de que xa están en vigor as ordenanzas municipais que permiten bonificar nun 95 % o Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) e o Imposto de Construcións, Instalacións e Obras (ICIO). Desta redución, beneficiaranse propietarios de vivendas así como organizacións culturais sociais e deportivas. A medida levada a cabo polo equipo de goberno buscar impulsar o desenvolvemento urbano sostible e o estímulo de actividades que resultan clave para a vila.

    No caso do IBI, os centros culturais non municipais contan cunha dedución no pago deste imposto dun 95 %. Ademais, beneficiaranse de igual maneira desta bonificación as persoas propietarias que poñan a disposición os seus portais para levar a cabo as tarefas que require a festividade do Corpus Christi. O obxectivo é dar resposta ás solicitudes do colectivo alfombrista.

    En canto ao ICIO, a redución do 95 % beneficiará á veciñanza que posúa propiedades con máis de 75 anos de antigüidade e ás persoas que conten con propiedades localizadas nas zonas pertencentes á Área de Rehabilitación Integral. Tamén se deduce un 95% as obras que se leven a cabo nas instalacións que forman parte de colectivos sociais culturais e deportivos.

    Estas bonificacións favorecen, á vez, a construción do novo centro de saúde proxectado no municipio.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.