15.5 C
Pontevedra
Luns, 29 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasA veciñanza da primeira fase da Área de Rehabilitación Integral de Ponteareas...

    A veciñanza da primeira fase da Área de Rehabilitación Integral de Ponteareas xa poden solicitar as subvencións de ata 30.000 euros

    Os propietarios e as propietarias das rúas Real e Ferreiros e da Baixada de San Gregorio teñen de prazo ata o mes de xuño para as solicitudes para estas axudas dirixidas á mellora da eficiencia enerxética de edificios e vivendas unifamiliares

    O Concello lembra aos veciños e as veciñas da primeira fase da Área de Rehabilitación Integral (ARI) do municipio que xa poden solicitar as axudas de ata 30.000 euros para levar a cabo as obras de mellora de eficiencia enerxética e de renovación de edificacións. O Boletín Oficial da Provincia vén de publicar as bases reguladoras.

    Deste xeito, os propietarios e as propietarias das rúas Real e dos Ferreiros así como da Baixada de San Gregorio teñen de prazo ata o mes de xuño para acollerse a estas axudas que ofrece a Xunta de Galicia a través dos fondos de recuperación da Unión Europea. As accións subvencionables están relacionadas coa mellora da eficiencia enerxética e coa renovación de edificios residenciais e vivendas unifamiliares. Contemplan tamén as destinadas á instalación de ascensores.

    Para facilitar os trámites á veciñanza que desexe acollerse a estas axudas, o Concello puxo a súa disposición unha oficina permanente no segundo andar da casa consistorial cun traballador técnico especializado. Ademais, a alcaldesa, Nava Castro, e a concelleira da área, Silvia Fernández, resolveron as dúbidas sobre a Área de Rehabilitación Integral nunha xuntanza que congregou a un cento de propietarios e de propietarias.

    Neste sentido, a edil Fernández indica que “a gran acollida que tivo a reunión informativa demostra que é necesaria esta ARI polo que animamos a veciñanza a que soliciten estas axudas. Con estas actuacións contribúese, por unha banda, á renovación da zona vella da nosa vila e, por outra, a reverter a situación de estado de deterioro que presentan certas edificacións”.

    Tras finalizar co período de solicitudes desta primeira fase da Área de Rehabilitación Integral, será a queda dos veciños e das veciñas da contorna da Praza Maior e das rúas Esperanza e Oriente. Continuarase, despois, coa avenida Constitución, a rúa Rogelio Groba e a Praza Bugallal.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.