19.5 C
Pontevedra
Martes, 28 de Marzo de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareasA alcaldesa de Ponteareas urxe á Xunta a intervir para garantir a...

    A alcaldesa de Ponteareas urxe á Xunta a intervir para garantir a viabilidade de Ganomagoga e o futuro do seu cadro de persoal

    Cristina Fernández enviou unha carta ao presidente da Xunta solicitando a implicación da administración autonómica para evitar o peche “dun grupo empresarial estratéxico para o desenvolvemento industrial de Galicia”

    Ante a crítica situación na que se atopa o grupo empresarial Ganomagoga, a alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández, enviou unha carta ao presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, urxindo á administración autonómica a súa “implicación” e intervención “para garantir a viabilidade da empresa e os postos de traballo e impulsando todas aquelas actuacións que sexan precisas para non permitir a súa desaparición”.

    No seu escrito a rexedora fai fincapé en que se trata dun grupo empresarial estratéxico para o desenvolvemento industrial de Galicia, xa que nos últimos 20 anos concentrou a súa actividade no sector eólico, “que significaba arredor do 80% do seu negocio actual e no que o grupo se erixiu como pioneiro”. Por este motivo, o Goberno municipal insta á Xunta a tomar as medidas necesarias para evitar “un novo peche empresarial no sector da fabricación de complementos para a industria eólica, xusto no momento no que este ámbito goza de maior auxe en Galicia”.

    Fernández lembra que o grupo empresarial conta con 200 traballadores e traballadoras no seu cadro de persoal, aínda que son centos de familias as que dependen del de forma directa e indirecta. O Concello destaca que o anuncio do despido colectivo de todo o cadro de persoal “crea unha grande incerteza” para empregados, empregadas e familias dunha empresa que se convertera “nunha importante fonte de riqueza e emprego para o sur da provincia de Pontevedra, especialmente Ponteareas e a nosa comarca, de onde son veciños e veciñas máis da metade dos traballadores e traballadoras”.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS