Sábado, 3 Maio de 2025

O Porriño cambia as luminarias dos pavillóns polideportivos e Piscina Municipal

O Concello do Porriño procedeu no día de hoxe ao cambio das luminarias tanto dos dous pavillóns polideportivos municipais coma da Piscina. En total serán 60 as luminarias que serán substituídas por outras LED de menor consumo e maior eficiencia enerxética.

A Concellería de Deportes investirá, nesta actuación, un total de 15.000 euros con cargo á partida do Plan Concellos 2019 da Deputación de Pontevedra.