A Policía Local do Porriño informou hoxe das restricións de tráfico que se levarán a cabo mañá con motivo do Desfile de Comparsas do Entroido.
Dende as 15 h prohíbese estacionar nas seguintes rúas:
- Fernández Areal, dende o número 1 ata a o cruce coa Avda. Domingo Bueno
- Antonio Palacios, dende o cruce coa rúa Cruceiro ata a rotonda dos Aloques
- Doantes de Sangue, ambas marxes que afectan a toda a fachada do CEIP Fernández López
Dende ás 17:30 h cortarase o tráfico na rúa Doantes de Sangue.
Dende ás 18h e ata que finalice o desfile cortarase o tráfico nas seguintes rúas:
- Antonio Palacios, desde cruce do Pavillón Municipal ata a rotonda dos Aloques
- Domingo Bueno, ata cruce con Fernández Areal
- Fernández Areal, cruce Avda. Domingo Bueno ata o número 1
- Manuel Rodríguez, dende o Celtiña
- Ramón González