Xoves, 24 Abril de 2025

O Consorcio chama a un uso responsable da agua en Tui

As elevadas temperaturas das últimas semanas dispararon o consumo de auga en Tui, rexistrando valores moi elevados de ata 110 litros por segundo nas horas punta, que poderían poñer en risco o abastecemento á poboación se se rexistrase algunha avaría nas conducións.

Por mor deste elevado consumo, o Consorcio de Augas do Louro e o Concello de Tui, fan un chamamento ao uso responsable da auga, limitándoo ao estritamente necesario e restrinxindo os usos secundarios como regas, baldeos ou enchido de piscinas.