Media tonelada de alimentos foron os recollidos na Campaña solidaria de Nadal desenvolvida na praza de Abastos de Tui a favor de SOS Tomiño-Baixo Miño. Hai uns días tiña lugar a entrega destes alimentos á asociación asistencial que os distribuirá entre as familias ás que presta axuda.
Dende o Concello quérese amosar o agradecemento a Rita Álvarez, de Las Flores de Rita, que propuxo a iniciativa, aos praceiros e praceiras e á veciñanza pola súa colaboración solidaria nesta campaña.