A programación especial do Alivio continúa este venres 11 con moita música. Será a de AcevedosDelgados, un grupo tomiñés que se subirá ao escenario para ‘contar’ cancións que os marcaron de algunha forma e tocar temas propios cos que sorprender e facer desfrutar ao público.
A marabillosa voz de Davinia estará acompañada pola harmónica guitarra de Tito, con algunha sorpresa con forma de invitado: José García na percusión. Historias propias, impropias e alles coas que namorarán ao público.
O concerto celebrarase na Praza do Seixo a partir das 22.30 horas con todos os protocolos de prevención para garantir a seguridade de todas as persoas asistentes. Será de balde con reserva de entrada previa chamando ao 986 622 001 ou enviando un correo electrónico a [email protected].