19.5 C
Pontevedra
Martes, 28 de Marzo de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoOiaA Xunta inviste 37.000 euros na mellora e adecuación da pista de...

    A Xunta inviste 37.000 euros na mellora e adecuación da pista de despegue de parapente do Miradoiro das Penizas en Oia

    O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado pola alcaldesa Cristina Correa, supervisou esta mañá unha actuación financiada pola Axencia Turismo de Galicia e que incorpora un novo atractivo turístico “nun punto único do sur da provincia para este deporte”

    A Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia, vén de rematar as obras de adecuación e mellora da pista de despegue de parapente emprazada no Miradoiro das Penizas, no Concello de Oia, grazas a un investimento de máis de 37.000 euros que se formalizou a través dun convenio entre ambas administracións.

    O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado pola alcaldesa Cristina Correa, supervisou hoxe ao mediodía está actuación, que incorpora e revaloriza un novo atractivo turístico “nun punto único para a práctica deste deporte de risco, pola orografía tan característica de Oia, no territorio do sur da provincia de Pontevedra” e que reafirma o potencial turístico dun municipio, “que ofrece unha gran beleza de vistas e paisaxes, que conxuga mar e montaña e que cada ano acolle a decenas de milleiros de visitantes”.

    A actuación consistiu no acondicionamento da pista de despegue para a práctica de parapente, que é moi empregada por afeccionados a este deporte e empresas de turismo activo e que presentaba certo grao de deterioro polo uso e os efectos da meteoroloxía.

    Así, procedeuse ao acondicionamento da citada pista coa reposición e anclaxe de novas capas de céspede sintético, a instalación de sinalización e de materiais de uso para parapentistas, como paneis e cortaventos, e a dotación de elementos de mellora da estancia dos visitantes e de preparación e apoio aos usuarios, como mesas, bancos ou un tótem-selfie, entre outros.

    “Trátase dunha actuación moi necesaria para modernizar un servizo especial e diferente e que adoita ser moi empregado nun municipio por todos os amantes do turismo deportivo e de natureza, pero é que ademais ten unha localización moi importante, posto que se sitúa na contorna dun miradoiro cunhas vistas espectaculares e da vindeira ruta de BTT impulsada polo Concello e que se enmarca no Plan de Turismo Sostible en Destino aprobado pola Xunta de Galicia para a zona de Oia”, detallou o representante autonómico.

    “O turismo é, sen dúbida, un dos grandes motores económicos de Oia, un municipio que conta cun Mosteiro coñecido en toda España, que acolle o Camiño de Santiago, que mistura unha gran oferta de mar e natureza, que recibe a centos de usuarios nas súas sendas de montaña e carrís-bici e que organiza tres curros de bestas con sona en toda Galicia. Toda esta oferta está moi ben traballada, coidada e impulsada polo Concello, polo que, neste caso, era máis que precisa a colaboración de Turismo de Galicia para seguir afondando nos seus éxitos neste ámbito”, concluíu Luis López.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS