Sábado, 3 Maio de 2025

Este Samaín no Rosal… composta a túa cabaza!

Os rosaleiros poderán darlle a estas pezas típicas destas datas o enterro que se merecen levándoas a calquera dos tres centros de compostaxe comunitaria do Concello

Un ano máis O Rosal pon en marcha nestas datas a súa iniciativa ‘Composta a túa cabaza!’. Para darlle o enterro que se merecen ás cabazas que se empregan durante os festexos do Samaín e pechar o ciclo de xeito sostible, o Concello propón levar todas as terroríficas creacións a calquera dos tres centros de compostaxe comunitaria do municipio, situados nas rúa do Couso, Ramón Franco e Manuel Suárez Marquier.

É moi sinxelo. Simplemente terase que:

-Retirar os adornos plásticos, os papeis, os cirios… das cabazas. As cabazas pintadas non poderán ser compostadas.

-Depositar a creación no saco xa disposto a carón de calquera dos composteiros.

-E listo! O resto do ritual será completado polo mestre composteiro.