Xoves, 10 Xullo de 2025

É Noticia

A Deputación enxalza o potencial dos proxectos do II Programa de Apoio ao Emprendemento no Rural

Os catro proxectos participantes no II Programa de Apoio ao Emprendemento no Rural, que a Deputación de Pontevedra promove da man da Fundación Roberto Rivas, veñen de ser presentados hoxe na xornada “demoday”.

Unanimidade na aprobación do orzamento para o 2022 do Consorcio Provincial Contra Incendios que crece un 2 %

O pleno do Consorcio Provincial Contra Incendios e de Salvamento, adscrito á Deputación de Pontevedra e participado ao 50 % pola Xunta de Galicia, aprobou onte por unanimidade o orzamento para 2022, que ascenderá a 3.895.600 euros, o que supón un incremento do 1,98 % con respecto ás contas de 2021 (75.900 euros máis).

A Deputación presenta o orzamento “máis alto e expansivo” da súa historia para asentar a recuperación post covid

Acelerar e consolidar a recuperación da provincia trala pandemia e facelo cunha potente inxección económica aos concellos, da man dos 17 obxectivos da Axenda 2030 e coa mirada posta nos fondos europeos, definen o orzamento da Deputación de Pontevedra para o próximo ano 2022. “Falamos do orzamento máis ambicioso, expansivo, valente e transformador da historia da institución”, sinalou a presidenta provincial Carmela Silva.

Esgotadas en media hora as prazas para a ruta “Voando nas Rías Baixas”

En cuestión de media hora, dende a apertura do prazo de inscrición para participar na ruta ornitolóxica “Voando nas Rías Baixas” pola Enseada de San Simón do próximo día 14, quedaron cubertas esta mañá a totalidade de 25 prazas ofertadas.

A Deputación reafirma a súa aposta polo acceso á educación musical con novas subvencións a escolas de música da provincia

A Deputación de Pontevedra revalida a súa aposta pola cultura coa concesión de achegas a 24 escolas de música da provincia que dependen de asociacións sen ánimo de lucro. As subvencións, que teñen un orzamento de 80.000 euros, están destinadas a entidades de 16 concellos da provincia e oscilan entre os 2.100 euros e 4.200 euros “dependendo do número de persoas que estean estudiando nelas”, informou a presidenta Carmela Silva.

O Museo de Pontevedra fai un percorrido polas modalidades do pregado do papel con ‘Origami, de papel a obra de arte’

O Edificio Castelao do Museo de Pontevedra vai acoller dende este xoves 4 de novembro ata o 23 de xaneiro a mostra ‘Origami, de papel a obra de arte’, unha exposición que pretende facer un percorrido por todas as modalidades que existen do origami, a arte do pregado do papel onde non cabe a posibilidade de cortes nin pegamentos.

A Deputación pon en marcha sete novas accións formativas do programa “Tic Emprendes”

A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar novas accións formativas gratuítas do proxecto Tic Emprendes, impulsado pola institución provincial e que cofinancia o Fondo Social Europeo para fomentar a empregabilidade e o emprendemento entre a mocidade daqueles concellos da provincia que máis sofren o déficit demográfico.

A Deputación abre o martes a inscrición na penúltima quenda das rutas ornitolóxicas ‘Voando nas Rías Baixas’

A Deputación de Pontevedra abre este martes, 2 de novembro, o prazo de inscrición para a penúltima das rutas ornitolóxicas programadas dentro da cuarta edición da iniciativa Voando nas Rías Baixas, organizada pola institución provincial en colaboración con SEO Birdlife. O obxectivo é dar a coñecer a riqueza ornitolóxica da provincia e concienciar sobre a preservación de espazos naturais protexidos.

SmartPeme pon en marcha catro novos obradoiros

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática.

A Deputación pon en marcha manuais de boas prácticas sostibles no turismo

A Deputación de Pontevedra segue a dar pasos na senda da sustentabilidade coa posta a disposición de entidades do sector turístico de Manuais de Boas Prácticas Sostibles.

A Deputación recolle o 9º premio do documental “Sigue o teu instinto” en Aveiro

O audiovisual turístico da Deputación de Pontevedra “Sigue o teu instinto”, peza central da campaña promocional do destino Rías Baixas - Pontevedra Provincia en 2020, continúa o seu paso triunfal polo circuíto de festivais internacionais.

A Deputación lanza unha nova liña de axudas para mulleres adestradoras

A Deputación dá un paso máis no seu compromiso coa igualdade e co impulso ao deporte feminino na provincia de Pontevedra e lanza unha nova liña de axudas para fomentar e apoiar ás mulleres que desexen formarse para ser adestradoras.