O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño leva xa un lustro presumindo de destino na Feira Internacional de Turismo de Madrid, FITUR. O vindeiro xoves 25 de xaneiro ás 18.00 horas, os concellos do territorio volverán estar nun dos principais encontros do sector turístico de Europa para conquistar ao público polos sentidos e o corazón: da man dos seus verdadeiros protagonistas, o Xeodestino presentará a súa nova campaña, ‘Vivir experiencias, compartir territorio’.
O Entroido galego será recoñecido coa máxima figura patrimonial existente na nosa Comunidade: a declaración como Ben de Interese Cultural (BIC). O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, informou hoxe de que o Diario Oficial de Galicia publicará a vindeira semana a incoación do expediente para outorgar esta distinción, na categoría de patrimonio inmaterial, a unha das tradicións máis singulares e arraigadas de Galicia.
O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou este venres as bases do novo programa Provincia Activa que, cun orzamento de 146.000 euros, está destinado a favorecer o envellecemento activo das persoas maiores da provincia a través de obradoiros formativos. “Queremos con este programa favorecer a participación e cooperación social, promover espazos de encontro e intercambio de experiencias e fomentar a independencia das persoas maiores”, asegurou o presidente da Deputación Luis López. As entidades interesadas en beneficiarse de Programa Activa poderán solicitalo entre o 29 de xaneiro e o 26 de febreiro.
A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta esta semana tres novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros. As actividades, que se celebrarán de xeito telemático, abordarán temas relacionados coa ciberseguridade, márketing sostible e infraestrutura dixital.
Coa finalidade de facilitar a inserción social e o acceso ao mercado laboral de persoas en risco ou situación de exclusión social nacía, hai 25 anos, a Fundación Érguete-Integración. Tras dúas décadas e media de traballo ás súas costas e cun importante incremento de actuacións ao longo da comunidade galega, a entidade conserva a súa filosofía inicial de integración dos colectivos vulnerabilizados, sempre co obxectivo de evitar a marxinalización dos mesmos e situando ás persoas no centro das súas accións.
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, informou este venres da apertura do proceso de licitación das obras de conservación de firmes na rede viaria de estradas provinciais por un total de 4,5 millóns de euros. A finalidade destes contratos é garantir a seguridade viaria no conxunto de 1650 quilómetros de estradas e para logralo as actuacións adxudicaranse por lotes comarcalizados. “O noso obxectivo é garantir a seguridade viaria nas estradas e farémolo con actuacións localizadas en diferentes treitos das estradas”, explicou o mandatario provincial.
O GDR Condado Paradanta (Grupo de Desenvolvemento Rural) presentará en FITUR (Feira Internacional de Turismo) a riqueza dos seus dez concellos. O vindeiro xoves día 25 ás 13:15 horas o público de FITUR, expositores e autoridades presentes coñecerán as esencias e sabores do Condado, Paradanta e Salceda de Caselas.
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, destacou o papel da padeeira e medallista olímpica Teresa Portela como “embaixadora” do deporte, da igualdade e da provincia de Pontevedra durante a cerimonia da oitava edición do premio Executivas de Galicia, que tivo lugar esta tarde de mércores no edificio Castelao do Museo de Pontevedra e ao que asistiu tamén a deputada Sandra Bastos.
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, e a directora do Museo de Pontevedra, Ángeles Tilve, presentaron hoxe a programación da entidade para o ano 2024. Dez proxectos expositivos mostraranse nos edificios Castelao e Sarmiento nos vindeiros meses, arrancando en marzo cunha retrospectiva de Berta Cáccamo e unha mostra fotográfica sobre o retorno a Galicia hai 40 anos dos restos mortais de Castelao.
‘A despensa de Galicia’ do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño bota a andar. Alcaldesas, alcaldes, concelleiros e concelleiras dos 13 municipios do territorio que forman parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino (A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Tomiño e Tui) mantiveron un encontro este mércores en Tomiño para perfilar as primeiras accións que se porán en marcha ao abeiro deste plan que busca transformar o modelo turístico do territorio en base ao potencial da súa enogastronomía.
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe en Padrón na homenaxe impulsada pola Xunta de Galicia polo 22º aniversario do falecemento de Camilo José Cela. Estes actos para divulgar a súa figura e legado comezaron cunha ofrenda floral no cemiterio de Santa María de Adina por parte das autoridades e os escolares da Colexiata de Santa María de Adina.
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou en rolda de prensa que a Xunta de Goberno da institución provincial acaba de aprobar as bases do Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais e das Axudas Básicas de Emerxencia para 2024. Ambas liñas de subvencións están destinadas aos 51 concellos de menos de 20 000 habitantes da provincia, que contan cun investimento total de 3,7 millóns de euros.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.